

Como podes ir viendo, la realidad de la pintura de las fachadas de los edificios que crean dicho barrio, esta siendo de lo más desorganizada.
En las imágenes, podéis ver como unos edificios está pintado un trozo de fachada, en otros otros trozos sin acabar por completo ninguno.
Aparte del orden que se esta llevando para el pintado de las fachadas, el otro problema de organización esta en quitar todas las plazas de aparcamiento de las calles, sin luego no trabajar en ellas en todo el día, si ya era complicado aparcar en los días de mercadillo, ya os podéis imaginar como es ahora.
Y luego llegan comentarios, de cómo se esta contratando al personal que pinta la obra, a través de una subcontrata…. Pero eso mejor que los políticos investiguen que para eso tienen los medios para hacerlo.
By Román
Estas son las últimas declaraciones del alcalde sobre la rehabilitación de este barrio:
O alcalde, Vicente Irisarri, e o concelleiro de Urbanismo, Angel Mato, compareceron ante os medios de comunicación para dar conta do resultado da xuntanza que o 17 de novembro mantiveron en Madrid cos dous dos máximos responsables do Ministerio da Vivenda, o secretario xeral de Vivenda, Javier Ramos, e a directora xeral de Arquitectura e Política da Vivenda, Anunciación Romero. O obxetivo da mesma era solicitar do Ministerio a súa posición e opinión respeto á folla de ruta marcada polo Concello para dar solución a Recimil. Estudar cos máximos responsables estatais as posibles alternativas, recibir información sobre realidades coincidentes no Estado e establecer unha liña de contacto e diálogo fluída e permanente entre Ferrol e Madrid.
Así, Vicente Irisarri destacaba a actitude enormemente receptiva do Ministerio en relación ao planteamento do Concello, ao tempo que lles trasladaba a alcalde e concelleiro a súa preocupación pola situación do barrio e a súa aposta pola rehabilitación do mesmo, de tal xeito que ambas administracións, por primeira vez, acordaron abordar conxuntamente e de forma definitiva a problemática do barrio. Sobre todo, é intención do goberno municipal evitar que se faga negocio con Recimil. Neste contexto, Concello e Ministerio son conscientes do reto que se plantea tras décadas de abandono e ante a realidade do barrio, que agrupa 1.100 vivendas de titularidade municipal. De feito, na xuntanza de onte no Ministerio, se constatou que incluso o Plan Estatal de Vivenda e Rehabilitación 2009-2012 resulta escaso para dar unha resposta efectiva á complexidade de Recimil. O alcalde tamén avanzou que esa solución non se axustaría ao 100% nin a un Area de Rehabilitación Integral (ARI) nin a unha Area de Renovación Urbana (ARU). Feito polo que administración local e estatal empezaron xa a buscar unha vía distinta, que se está a estudar. Así, se considera para as vivendas compatibilizar o aluguer coa venda ou establecer fórmulas como a venda de uso por un periodo dilatado (o máximo legal ronda os 90 anos).
Doutra banda, o Ministerio planteou ao Concello a necesidade de dispor ou crear unha oficina específica para abordar a solución definitiva de Recimil. E, nesta liña, considera adecuada a Empresa Municipal de Vivenda que, segundo confía o alcalde, podería comezar a súa actividade en marzo, adicándose por completo a Recimil como primeiro e único tema.
Tamén destacou que o Ministerio comparte co Concello a necesidade de iniciar a rehabilitación cunha primeira experiencia, que sería a prevista no Bambú Club. Neste senso, o alcalde sinalou que, segundo as previsións que manexa o goberno municipal, as obras de rehabilitación poderían iniciarse no verán de 2010. Previamente, e como paso máis inmediato, se sacará a licitación a redacción do proxecto. Neste caso, a intención do goberno municipal é analizar vías de subvención para acometer a actuación, aínda que se estas conlevasen un retraso, o Concello asumiría con fondos propios a actuación.
Neste contexto, o Ministerio trasladou ao alcalde a necesidade de colaborar coa Comunidade Autónoma neste proceso e tamén respalda que o Concello recurrise aos fondos do PlanÊ articulado polo Goberno que preside Rodríguez Zapatero para executar obras de mantenemento no barrio. Neste punto, subliñou que o Concello, como propietario das vivendas, ten a obriga legal de facer o mantenemento do barrio, polo tanto tamén ten a competencia. E iso, precisamente, é o que está a facer nestes momentos. Así mesmo, lembrou que outras administracións -neste caso a autonómica- teñen competencias concurrentes. De ahí as conversas permanentes con Patrimonio, departamento co que xurdiron discrepancias en relación ás gamas de cor que se están a aplicar aos inmobles tras as tarefas de impermeabilización de fachadas. En todo caso, lembrou que esa elección se fixo en base a un estudo cromático elaborado por un estudo de arquitectura de tal xeito que se preservasen os valores do barrio. Insistiu en que o Concello non ten que solicitar, como propietario que é, permiso para realizar tarefas de mantenemento.
O alcalde considerou o colmo da hipocresía que a cor da pintura poida levantar máis preocupación que anos de abandono. Paralelamente, lembrou que o Concello está a traballar na elaboración dun censo real no barrio para coñecer os contratos legais que amparan esa ocupación. Por último, Mato, que asegurou que cuestionar as primeiras tarefas de mantenemento en décadas no barrio é cuestionar a dignidade daqueles que viven en Recimil, apuntou que solicitará unha nova entrevista coa Xunta para analizar proxectos de interese para a cidade e, nela, aproveitará de novo para solicitar a colaboración dos responsables autonómicos na búsqueda da solución definitiva para o barrio.
by Concello.